Premios
O recoñecemento ao labor científico e técnico dos nosos traballos tense plasmado en importantes premios ao longo de todos estes anos. Cabería salientar entre eles:
PREMIO NACIONAL DE URBANISMO 1981
Premio Nacional de Urbanismo 1981, polo Plan de Protección do Pazo de Oca e o seu contorno, outorgado polo M.O.P.U.
PREMIO GALICIA DE DESEÑO 1985
Premio Galicia de Deseño 1985, correspondente a Urbanismo, polo Plan Xeral de Vilagarcía e o Plan Especial do Castro (Casco Histórico da devandita vila), outorgado polo Ateneo de Ourense.
PREMIO EUROPEO DE URBANISMO 1994
Premio Europeo de Urbanismo 1994, un dos premios máis importantes do mundo no ámbito do Urbanismo e a Planificación Rexional, polos traballos de Ordenación da Vila de Allariz e o seu río, outorgado pola Comisión Europea e o Concello Europeo de urbanistas.
PREMIO LOIS PEÑA NOVO 2007
Premio Lois Peña Novo 2007, concedido a Consultora Galega porque desde a súa creación, no ano 1979, apostou polo uso da língua galega en tódalas súas comunicacións e traballos empresariais, contribuíndo á normalización dos nosos sinais de identidade e servindo de estímulo e impulso para a normalización da nosa língua noutros campos profesionais.